Deseño da moeda

A Sabia ten un deseño único que lle confire as seguintes características:




¿Que riscos se asumen aceptando a moeda?


Hai varias cousas que poden sair mal pero todas repercuten nun factor común: Que a moeda deixe de usarse e polo tanto non sirva para mercar nada. Isto pode suceder por moitos motivos que teñen que ver cunha perda da confianza no proxecto (comunidade, deseño ou tecnoloxía):



Estes son algúns exemplos. Como vedes, o risco o asumen as persoas que teñen a moeda nas suas contas sen utilizar. Ademáis canto menor é o número de usuarias máis fráxil é o sistema. É inevitable que en certos momentos o compromiso de aceptala diminua polo que se fai importante ter un fondo de reserva en euros que permita cambiar parte das moedas en circulación de volta por euros permitindo manter o valor estable. Cunha comunidade ampla de usuarias estes riscos diminuen considerablemente por iso é importante recoñecer de antemán e públicamente ás usuarias pioneiras que comezan a aceptar a moeda cando ninguén máis o fai. Este esforzo extra debe ser recompensado con garantías da maneira que decida a asamblea.



Un punto clave para o éxito: Medrar


Como vedes as cousas non van tan ben cando pouca xente utiliza a moeda e sobre todo cando cada vez menos xente a utiliza. Por iso é tan importante asegurarse de que a expansión da moeda ocurre de forma sinxela e sen fricción. Para iso debemos destacar certos aspectos clave:




A asamblea


Se seguiches a explicación ata aquí daraste conta de que a asamblea é fundamental para materializar os valores que comparten as participantes do proxecto. Xa que a adhesión e utilización da moeda son libres a asamblea ten que exercer de forza complementaria aos equilibrios do mercado (ley da oferta e a demanda e esas cousas). Os inetereses colectivos e as necesidades da comunidade e do medio ambiente contan co bo xuízo da asamblea para facerse realidade, así como a necesidade de cadrar (na medida do posible) a obtención da nosa moeda coa aportación de valor real, e non mediante formas fraudulentas, nas que non se aporta nada de valor ao colectivo e só se benefician algúns individuos.

A asamblea debe ser o espazo onde poñer en valor diferentes formas de valor que as participantes aportan ao proxecto así como determinar a óptima asignación dos recursos comúns. Un delicado equilibrio entre coidar a quenes crean o valor mediante o seu traballo e compromisos e maximizar un impacto positivo no ambiente e coidar da xente que non está nas mesmas condicións de traballar (nenos, anciáns e outros colectivos).

Para isto a asamblea conta cos seguintes métodos de actuación:



Mentres a comunidade da moeda non sexa demasiado grande unha asamblea presencial é unha boa forma de controlar entre todos o que está pasando e tomar boas decisións pero a medida que o proxecto medre isto pode deixar de ser así. Requírense certos cambios, non só na forma en que se toman as decisións.



Folla de ruta cara o longo prazo


Moitas das medidas que son imprescindibles ao comezo da expansión da moeda na cidade deixan de ter sentido cando a comunidade que utiliza a nosa moeda é suficientemente grande e atractiva de por sí. Faise preciso ir adiantando algúns cambios que serán necesarios a medida que o proxecto madure para que non collan a ninguén desprevenido:




Os beneficios de utilizar a moeda


A pesar do inconveniente claro que ten fronte a moedas como o euro (existen menos opcións onde utilizala) unha moeda local con este deseño ten o potencial de crear grandes beneficios na nosa cidade. Unha usuaria da moeda pode experimentar os seguintes: